CAPÍTULO
III: DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN
Artigo
16º.- A dirección e
administración da Asociación serán exercidas polo Presidente, a
Xunta Directiva e a Asamblea Xeral.
Artigo
17º.- O Presidente da
Asociación asume a representación legal da mesma e executará os
acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asamblea Xeral,
presidindo as sesións que celebre unha e outra.
O Presidente
será designado pola Asamblea Xeral entre socios que teñan polo
menos 1 ano de antigüedade e o seu mandato durará 4 anos.
Artigo
18º.- A Xunta Directiva
estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un
Secretario, un Tesoureiro e tres vocais, cargos que deberán
recaer en socios/as que leven polo menos un ano na Asociación.
Artigo
19º.- Os cargos que
compoñen a Xunta Directiva serán gratuitos, sen perxuizo do
dereito a ser reeembolsados dos gastos debidamente xustificados,
e deberán carecer de interese económico nos resultados da
actividade por sí mesmos ou por persoa interposta.
Elixiranse
pola Asemblea Xeral os cargos e durarán un período de 4 anos,
aínda que poden ser obxecto de reelección indefmidamente.
Os cargos
cesarán na súa función por pasamento, renuncia voluntaria, e por
transcurso do prazo para o que foron elexidos. A renuncia e o
transcurso do prazo non dan lugar ó cese automático, senón que
se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de
documentación e posta ó día do sucesor ou ben esperar ata que a
Xunta Directiva nomee temporalmente a un sustituto si se trata
de renuncia voluntaria.
Artigo
20º.- É función da Xunta
Directiva programar e dirixi-las actividades asociativas e levar
a xestión administrativa e económica da Asociación, someter á
aprobación da Asamblea Xeral o orzamento anual de ingresos e
gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
Así mesmo
procederá a convocar e fixa-la data da Asamblea Xeral, fixa-las
cuotas ordinarias e extraordinarias que se aproben, designa-las
Comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para
o bo funcionamento da Asociación, dictar normas interiores de
organización e exercer cantas funcións non estean expresamente
asignadas á Asamblea Xeral. Corresponderalle tamén todas aquelas
outras actividades que lle sexan transferidas pola Asamblea.
Artigo
21º.- A Xunta Directiva
celebrará as súas sesións cantas veces o determine o Presidente
ou o Vicepresidente, a iniciativa propia ou a petición de
calquera dos seus compoñentes. Será presidida polo Presidente e,
na súa ausencia, polo Vicepresidente ou o Secretario, por este
orde, e, a falta de ambos, polo membro da Xunta que teña máis
idade.
Para que os
acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoptados
pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a
concorrencia, polo menos, de seis dos seus membros. No caso de
empate decidirá o voto do Presidente.
O Secretario
ou, no seu defecto, o Vicepresidente levantará acta das sesións,
que se transcribirá ó libro de actas.
Artigo
22º.- Os membros da
Xunta Directiva presidirán as comisións que á propia Xunta
acorde constituir, co fin de delegar nelas a preparación de
determinados actos ou actividades, ou de recabar das mesmas as
informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas
comisións o número de vocais que acorde a Xunta Directiva, a
proposta dos seus respectivos presidentes.
Cando as
necesidades o aconsellen, a Xunta Directiva poderá acordar que
as comisións se desdoblen en subcomisións.
Artigo
23º.- A Asamblea Xeral
de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da
Asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O
Presidente e o Secretario da Asemblea serán os mesmos que os da
Xunta Directiva.
Artigo
24º.- A Asamblea
reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez o ano, e
con caracter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta
Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso
realizaras e por medio de escrito dirixido ó Presidente,
autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o
motivo da convocatoria e a orde do día.
Artigo
25º.- A Asamblea Xeral
reunirase necesariamente dentro dos seis primeiros meses de cada
ano. Tanto a Asamblea ordinaria como a extraordinaria serán
convocadas con 15 días de antelación polo/a Presidente/a da
Xunta Directiva.
A
notificación farase nos locais da Asociación para as Asambleas
ordinarias e no domicilio dos asociados para as Asambleas
extraordinarias.
Artigo
26º.- Serán competencias
da Asamblea Xeral ordinaria:
1.
Aproba-la
acta de reunión anterior.
2.
Aproba-Io plan de
actividades.
3. Examinar e aproba-Ia
memoria de actividades.
4. Examinar e aproba-Ias
contas e balances do exercicio anterior.
5. Aproba-Ios presupostos de
ingresos e gastos para cada exercicio.
6.
Exame e aprobación das
contas.
Artigo
27º.- Serán competencias
da Asamblea Xeral extraordinaria:
1.
Modifica-los Estatutos da
Asociación.
2.
Elixi-Ios integrantes da
Xunta Directiva.
3. Aproba-Ia federación con
outras Asociacións.
4. Autoriza-lo alleamento,
gravame ou hipoteca de bens sociais.
5. Acorda-Ia disolución da
Asociación.
6.
Designa-los/as
liquidadores/as.
7.
Ratifica-la expulsión de
asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva
8.
Solicita-la declaración de
utilidade pública da Asociación.
9.
Aproba-Io regulamento de
réxime interno da Asociación.
10.
As que sendo de
competencia da Asamblea ordinaria, por razóns de urxencia ou
necesidade, non poidan espera-la súa convocatoria, sen grave
perxuizo para a Asociación.
11.
Tódalas non conferidas
expresamente á Asamblea Xeral ordinaria ou á Xunta Directiva.
Artigo
28º.- Para que as
Asambleas poidan tomar acordos, integraranse polos/as
asociados/as asistentes, sempre que concurran a metade máis un
do total na primeira convocatoria ou transcorrida media ahora en
segunda convocatoria, con calquera numero de asistentes.
Artigo
29º.- Os acordos
adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple
dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós
apartados 1 e 7 do artigo 27, que requirirán maioría de dous
tercios. A continuación levaranse os acordos ó libro de Actas e
asinará o/a Presidente/a e o/a Secretario/a da Asamblea. A acta
deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asamblea Xeral
e aprobada por maioría.
Artigo
30º.- Os acordos
adoptados conforme ós preceptos anteriores abrigarán a tódolos/as
asociados/as, incluso ós/as non asistentes.
As sesións abrirán cando así o determine o Presidente.
Seguidamente procederase por parte do Secretario á lectura da
acta da Asamblea anterior que deberá ser aprobada.
Posteriormente o Secretario procederá a plantexa-la orde do día.
Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle
corresponda, procedéndose á aprobación nos termos contidos
nestes Estatutos, segundo a materia de que se trate.
Unha vez rematados tódolos asuntos da orde do día procederase,
se a presidencia o considera oportuno ou o solicitan un 10% dos
asociados inscritos no libro de membros, a facer un turno de
rogos e preguntas e adopción de acordos, o que conc1uído, se
levantará a sesión por parte do Presidente.
Artigo
31º.- Os acordos que
vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación
poderán ser recurridos en reposición perante a Asamblea Xeral. A
partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita
a vía para recurrir perante a xurisdicción ordinaria.
Artigo
32°.- O Presidente da
Xunta Directiva terá, ademais das facultades consignadas no
artigo 17°, as seguintes atribucións:
a) Presidir e levanta-las sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asamblea Xeral, dirixi-las
deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en
caso de empate.
b) Propoñe-lo plan de
actividades da Asociación á Xunta Directiva, impulsando e
dirixindo as súas tarefas.
c)
Ordea-los pagamentos
acordados válidamente.
d)
Representa-la Asociación
perante calquera organismo público ou privado.
e)
Firma-las actas,
certificados, pagos e outros documentos da Asociación xunto co
Secretario ou membro da Xunta Directiva a quén lle corresponda a
elaboración do documento do que se trate.
O Presidente
será asistido na súas funcións por un Vicepresidente, que
ademais o sustituirá nos casos de vacante ausencia ou
enfirmidade
Artigo
33º.- O Secretario
recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o
ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu carago a
dirección dos traballos administrativos da Entidade.
Correspóndelle así mesmo notifica-las convocatorias e
custodia-las actas e expedir certificacións das mesmas co visto
e prace do Presidente.
Ó Secretario
correspódelle tamén levar o inventario dos bens da asociación
nun libro establecido ó efecto.
Artigo
34º.- O Tesoureiro
recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará
cumprimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente,
dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará
conta dos ingresos e dos gastos asociativos, participando en
tódalas operacións de orde económica.
O
Tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio
presupostario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas
estean a disposición dos membros da Asociación nos quince días
anteriores á celebración da Asamblea ordinaria.
Artigo
35º.- Os vocais no
número que determine a Asamblea Xeral terán as seguintes
atribucións:
1.
Realizar pro gramas e
propostas na súa área de actuación.
2.
Desempeña-los traballos
que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.
|