asociacion
estatutos
publicacions
enlaces
contacto

INDICE POR CAPÍTULOS

 

CAPÍTULO I:
    DA ASOCIACIÓN EN XERAL
CAPÍTULO II:
    DOS SOCIOS
CAPÍTULO III:
    DOS ÓRGANOS DA ASOCIAC.
CAPÍTULO IV:
    RÉXIME ECONÓMICO
CAPÍTULO V:
    DO REGULAMENTO DE RÉXIME
    INTERNO

CAPÍTULO VI:
    MODIFICACIÓN DE ESTATUTO
    E DISOLUCIÓN DA ASOCIAC.

 

 

descargar estatutos

CAPÍTULO VI: MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

 

Artigo 45º.- Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou 1/4 dos socios. A convocatoria da Asamblea Xeral extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 7 días para que calquera socio/a poida dirixir á Secretaría as propostas e enmendas que estime oportunas. Éstas complementarán a documentación da citada Asamblea e serán entregadas cunha antelación mínima de 3 días á realización da mesma.

 

Artigo 46º.- Para ser aprobada a reforma dos Estatutos será necesario o voto favorable dos 2/3 dos membros da Asamblea Xeral de socios.

 

Artigo 47º.- A Asociación disolverase polas seguintes causas:

 

1.   Pola vontade dos asociados/as acordada polas 2/3 partes dos mesmos/as.

2.   Por otras causas determinadas legalmente.

3.   Por sentencia xudicial.

 

Artigo 48º.- Acordada a disolución, a Asamblea Xeral extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto co/a Presidente co/a Tesoureiro/a, procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.

 

Artigo 49º.- O haber resultante unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra Asociación non lucrativa e inscrita na Comunidade Autónoma que teña os mesmos ou similares fins ós desta Asociación.

            O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscripción da disolución da Asociación.

 

Os presentes estatutos modificados en Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o 16/05/04 sono para cumprir cos requisitos establecidos na disposición transitoria primeira da Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

ANTERIOR   |   SEGUINTE

esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia

diseñado por IDE Informática, S.L.